Lara Barros Alfaro, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Relacións Internacionais e Estudos para o Desenvolvemento pola Universidade Autónoma de Barcelona e Posgrao en Historia Contemporánea, especialidade en Sociedades Rurais, pola USC. Desenvolve a súa memoria de investigación final de mestrado sobre o devir histórico dos montes comunais no municipio de Oia.
Conectada laboral e afectivamente co mundo rural e labrego durante moitos anos a través do sindicalismo agrario, desenvolve e fórmase no acompañamento e dinamización de grupos e de procesos participativos, nos que a perspectiva de xénero é unha preocupación constante. Actualmente está en formación como facilitadora de grupos en Terapia do Reencontro e é a impulsora de Mulime, proxecto profesional de investigación histórica e documental para Comunidades de Montes Veciñais en Man Común